JA Xesteira

My blogs

Blogs I follow

About me

Introduction J.Ángel Xesteira (Redondela, 1946) estudou a carreira de Periodismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Incorporouse á redacción de Faro de Vigo en 1975, onde chegou a ser redactor xefe. Fai crítica de cine desde hai máis de vinte anos e artículos de opinión sobre temas políticos e sociais. Actualmente colabora semanalmente en Diario de Pontevedra. Como narrador deuse a coñecer con dous relatos, ``Chao, moneca (ou, ¿cómo che vai miña rosa?)´´ e ``O manuscrito atopado en Ramallosa´´, publicados no volume colectivo ``Phiccións´´ (Xerais 2000). Logo publicou as novelas ``Blues da ría´´ (Xerais 2001) e ``Caldo de mares para homes libres´´ (Xerais, 2003); e os libro de relatos ``Acompáñoo no sentimento´´ (Xerais 2001) e ``Contos de familia´´ (Xerais 2005). É co-autor do álbums de postais ``A memoria de Redondela´´ (Xerais 2001). Tamén é artista plástico (gravado, deseño e pintura) e participa en varios proxectos musicais.