Vindeiros
My blogs
| Introduction | Vindeiros é unha asociación estudantil sen ánimo de lucro fundada o 30 de Outubro de 2007. Vindeiros defínese como unha asociación apartidista, non vinculada a ningunha ideoloxía concreta ou corrente política; por iso Vindeiros conta con membros dun abanico ideolóxico plural que contan con unha finalidade común: A defensa dos seus intereses como estudantes e "Vindeiros Licenciados". O artículo quinto dos nosos estatutos marca que os nosos fins principais serán: -A defensa dos intereses dos alumnos da facultade de Xeografía e Historia da USC. -A representación do alumnado da USC nos órganos competentes. -A organización de actividades de interése para a comunidade universitaria. |
|---|
