Dr Smurf

My blogs

About me

Location Lugo, República Galega
Introduction Velaquí un retrato do castelao imaxinario desta entelequia Do arquitecto desta alegoría do imposible na conciencia -Que é máis virtual que o inexistente sequera na ficción?- Eu vexo o espello dunha alma en constante indixestión da realidade O negativo da faciana dun ser dotado dunha mente contorsionista De acordo, chamémoslle logo Dr Smurf, a secas -En homenaxe a eses entes fantasiosos produto do insomnio- Poñámoslle un marco de espiñas e colguémolo na casa E insuflémoslle vida a modo de gólem Deixemos que conte o que nos teña que dicir Que cale, que outorgue, que asinta ou que negue O caso é que nos comprenda E deseguido que nos dea a súa visión en clave de blues Eu creo que pode dar moito xogo -Xogo bonito do norte das cellas- Así é o habitante deste castelo de cartas trucadas ... A voz con aura de misterio que che susurra o que arestora escoitas