Conchi

My blogs

About me

Introduction Son coma esa barca azul no medio de augas tranquilas. Abaneada pola marea do tempo. Resistindo os temporais . Permanecendo firme cando as ondas se poñen bravas e a boa fe que se poñen con demasiada frecuencia... Atópome ben, ancorada no meu mar aínda que tamén preciso navegar por outras augas, disfrutar dos amigos... Sen eles iría a pique.... Gústame que me abracen e que me agarimen, pero odio que me poñan cadeas...Nin siquiera cadeas de amor... Todo o que te encadea acaba por afogarte... Amo a liberdade por riba de todas as cousas... Adoro os puntos suspensivos...Son coma unha porta sempre aberta dentro do mar que me rodea, pola que poden entrar amigos, amores, bicos, a luz do sol e a forza do vento, a calma e as tempestades... Son as follas do caderno de bitácora que aínda quedan por escribir...As singraduras que quedan por facer...