Blogger
Club Polideportivo San Xerome Emiliani
On Blogger since: February 2015
Profile views: 278

About me

LocationA Guarda, Galicia
IntroductionA actividade deportiva é un ámbito fundamental no desevolvemento de calquera persoa xa que redunda nunha mellor calidade de vida: sensación de benestar, potenciación das relacións interpersonais, fomento da amizade, promoción e mellora das capacidades, da autonomía persoal, integración social, etc. O Club Polideportivo San Xerónimo Emiliani, constitúese no ano 1992, incorporándose ao ano seguinte á recén creada Federación Galega de Deporte para Discapacitados Intelectuais (FEGADDI). Actualmente hai no club máis de 30 deportistas con discapacidade intelectual da Comarca do Baixo Miño: Concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui e Sta. María de Oia. O club ofrece a posibilidade de practicar Atletismo, Baloncesto, Remo e Natación. O obxectivo do club é ofrecer aos deportistas con discapacidade intelectual da Comarca do Baixo Miño a posibilidade de practicar e participar en actividades deportivas, xa sexan federadas, como de integración social, potenciando e mellorando as súas capacidades e a autonomía, coa meta posta na normalización e na integración.
Google apps
Main menu