Blogger
Benvid@s ao noso blog:
On Blogger since: September 2007
Profile views: 1,375

My blogs

About me

IntroductionSomos un grupo de profesores do Departamento de Edificación e Obra Civil, na actualidade do CIFP Someso e anteriormente do IES Fernando Wirtz, ambos de A Coruña, que levamos máis de seis anos traballando cos nosos alumnos sobre os temas de Bioconstrución e Enerxías Renovables. Durante os últimos seis anos vimos dedicando unha semana do curso a desenvolver unhas Xornadas de Bioconstrución e Enerxías Renovables, consistentes nunha serie de conferencias relacionadas con estes temas e impartidas por persoas de demostrada solvencia nos mesmos, completadas cunha xornada de visitas técnicas por distintos lugares da xeografía galega, e acompañadas por unha serie de exposicións en distintos lugares do centro. Estes dous últimos cursos participamos nunha agrupación de centros promovida polo MEC, que traballa sobre o tema: "Propostas para unha construción sostible: Bioconstrución" e que reune aos seguintes centros: IES Santa Lucía de vecindario, Gran Canaria. IES Cristofól Ferrer de Barcelona IES Carmen Conde de Madrid IES La Merced de Valladolid IES Politécnico Hermenegildo Lanz de Granada e CIFP Someso de A Coruña
Google apps
Main menu