ARMH Marín

My blogs

About me

Industry Non-Profit
Location Marín, Pontevedra, Spain
Introduction Nome: Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMHM) Fundación: 21 de decembro de 2007 Ámbito territorial: Marín e comarca do Morrazo. Rexistros de asociacións: Xunta de Galicia / Consellería de Presidencia - Rexistro Provincial de Asociacións: inscrita o 29 de febreiro de 2008 co número 2008/011378-1(PO). Concello de Marín / Libro-Rexistro Municipal de Asociacións: inscrita o 1 de abril de 2008 co número 108 (libro 3). Xunta de Galicia / Consellería de Cultura - Censo de Asociacións e Entidades Culturais de Galicia: inscrita o 28 de outubro de 2008 co código B.02.65/PO.426 libro 2 exp:4062. Iniciativa Galega pola Memoria (IGM): A ARMM forma parte activa conxuntamente con outras asociacións e colectivos memoralísticos de Galicia da IGM.
Interests Fins da asociación O artigo 3 dos Estatutos da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín indica que: A existencia desta asociación ten como fins os que se indican deseguido: • Colaborar na recuperación da memoria histórica de Marín e da comarca do Morrazo, extendéndose en xeral a toda Galicia, porque non pode entenderse o presente e construír o futuro se ignoramos o noso pasado. • Recuperar e divulgar a memoria histórica de todos aqueles cidadáns marinenses, galegos, homes e mulleres de moi diversas ideoloxías (en todo caso leais ao réxime constitucional da II República, ás liberdades democráticas vixentes naquel momento e ao Estatuto de Autonomía de Galicia), que, tras o levantamento militar de 1936, foron asasinados, perseguidos até o exterminio e encarcerados, ou tiveron que padecer a emigración e o exilio -tamén na propia terra-, ou pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista. • Coordinar, dar pulo e axudar no traballo de cantas persoas e entidades, tanto públicas como privadas, realicen actividades encamiñadas á recuperación da memoria histórica da loita galega antifascista, en xeral, e antifranquista, en particular.