Xurxo

My blogs

About me

Gender Male
Industry Arts
Occupation Músico, violagambista
Location Porto, Porto, Portugal
Introduction Son Ferrolán, caranceiro para maior fantasía. Veño dunha familia na que todos acabamos tirando cara a arte como maneira de entender a vida. Meu irmán (Anxo) e miña cuñada son pintores, miña mai (María Manuela) é pintora para alén de cantante e eu acabei indo por onde meu pai (Miguel Varela), pola música. Son un gran amante do mar e de todo o que iso significa para un da costa que vive en Compostela. Escapo, cando podo, para cheirar o salitre, a auga bravía e a serenidade da súa vida, o movimento das ondas, a ardentía, a rebeldía dun medio indómito; para ver o casamento do vento coa auga, dos ventos mareiros e dos terrais. Admíroo porque é todo el un ser vivo, principio e fin da existencia. Gústame ir en barco. Non son mariñeiro, aínda que respeto moito a quen vive do mar imenso. Vou de cando en vez cun bon amigo nun veleiro que ten, nin moi grande, nin pequeno, pra ver a terra coa vista fermosa das gaivotas. Vexo as rochas lambidas polas ondas, vexo todo o que desde a terra se nos nega. É fermosísimo. Son comedoriño e algo cociño, encántame estar de festa coa familia, valoro moito a amizade e gosto dos aloumiños.
Interests Música, literatura, arte en xeral, as cousas belas da vida, comer, estar cos amigos e coa xente querida, falar, compartir...
Favorite Movies Moitas
Favorite Music É difícil dicilo, a música antiga, o folklore, a música malchamada clásica, o rock e toda boa música, sempre que sexa parida desde a honestidade
Favorite Books A novela histórica e tamén os que se centran na lírica galega medieval