BNG de Oza
My blogs
| Introduction | Este blog é unha das canles de comunicación do grupo de barrio do BNG de Oza. Estamos a falar dos barrios da Cubela, A Gaiteira, Os Castros, O Castrillón e Eirís; barrios que formaban parte do antigo concello de Oza, hoxe incluído dentro da Coruña. No blog atoparás información que axude a reflexionar sobre a situación política actual. Non somos imparciais, o noso punto de vista parte dunha análise da sociedade feita por un colectivo nacionalista e de esquerdas, colectivo que ten as portas abertas á participación da cidadanía para compartir ideas e poñer en marcha accións contrarias a toda esa ideoloxía neoliberal que nos invade. |
|---|
