CLUB DE LECTURA A REBOTICA

My blogs

About me

Introduction Descubrimos a importancia que tiña o contacto directo, as recomendacións e o intercambio de opinións, sobre todo para facer novos lectores. Fomos conscientes de que o hábito ou o gusto por ler adquírese nun ambiente social creado polos adultos próximos ao alumnado, como é neste caso a escola, os profesores e a biblioteca e, polo tanto, estes son os espazos naturais para a sensibilización e socialización do proceso lector, para a adquisición de destrezas lectoras e do gusto pola lectura. Estas reflexións desembocaron ineludiblemente na idea de crear un club de lectura no que teña cabida todo o persoal da comunidade escolar que voluntariamente e de forma libre queira participar. A idea foi apoiada pola maioría dos profesores, o cal nos dá o pulo necesario para comezar a nosa nova andaina. Desde ese momento queremos que o noso club de lectura sexa un espazo participativo de reunión no que calquera membro do colexio Mendiño poida involucrarse para intercambiar ideas, experiencias e valores sobre as obras escolmadas con anterioridade.