Eladio Osorio Montenegro
My blogs
Blogs I follow
Gender | Male |
---|---|
Industry | Consulting |
Occupation | Asesor político |
Location | Castro Caldelas, Ourense, Spain |
Introduction | Nacín no 71, en Castro Caldelas. Alí me criei e medrei xogando entre os castiñeiros na Devesa. ¡Cantas veces alí xogamos os pistoleiros...!. Logo estudei en Trives, onde fixen moi bos amigos/as. Máis tarde fixen en Ourense Educación Social. Esta carreira marcou a miña vida, polo que aprendín e por coñecer nela a Belén, a miña parella. A mellor persoa que se cruzou na miña vida.Traballei dez anos como técnico de desenvolvemento rural para a Asoc País do Bibei-Ribeira Sacra. Dende pequeniño levo metido o PSOE no sangue, xa que meu pai é alcalde socialista e entre el e a miña nai infundíronme uns valores baseados na igualdade, na tolerancia, no respecto e en preocuparme polos temas sociais. Fun concelleiro e portavoz do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas do 91 ó 99 e do 07 ata hoxe, tamén secretario comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó09. Traballo como asesor do Grupo Socialista na Deputación de Ourense. En novembro de 2009 constituiuse por primeira vez na historia do socialismo ourensano a Executiva do PSdeG-PSOE na provincia, os/as compañeiros de partido encomendáronme a tarefa da Secretaría de Acción Electoral. Son o maior de catro irmaos, e son un apaixoado da fotografía. |
Interests | Política, Fotografía, Desenvolvemento Rural, Medio Ambiente, Cine |
Favorite movies | Creo que se contan cos dedos da man as películas que non me teñen agradado. En todas hai algo bo que sacar. Polo tanto considérome un apaixoado do sétimo arte. |
Favorite music | Non podería dicir cal é a que máis me gusta, xa que cada par de meses mudo de gustos. |
Favorite books | Todos aqueles que teñen caído nas miñas mans excepto o que teño leído escrito por Pío Moa. Nunca llo recomendaría a ninguén nin para prender o lume. |