Lajareu

My blogs

Blogs I follow

About me

Location Ribeira, Galiza, Spain
Introduction A A. C. LAJAREU POR BARLOVENTO de Dornas a Vela é unha asociación constituída sen ánimo de lucro. A nosa asociación ten por obxecto a promoción de actividades culturais que contribúan ao coñecemento, mantemento e difusión da cultura mariñeira tradicional. Nós pensamos que as novas tecnoloxías poden axudar neste eido, e ese é o motivo deste blogue. Outro dos nosos obxectivos é a realización de actividades deportivas e de lecer que contribúan á preservación dos elementos máis significativos da cultura mariñeira tradicional. É neste eido onde tradicionalmente a nosa asociación estivo sempre máis activa. Dende aquí queremos facervos partícipes das nosas actividades, e deste xeito dar tamén a coñecer a cultura marítima tradicional aos que os acheguedes por acó. Entre as nosas actividades destacaran sempre as regatas de dornas a vela, e xa van moitos anos coa organización dos campionatos de regatas de inverno e primavera. Nin que dicir ten, que estades invitados a navegar con nós.
Interests dornas, embarcación tradicional, regatas, cultura marinera