Viveiro, Cronista

My blogs

About me

Introduction Carlos Nuevo Cal (1958). Historiador, presidente do Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Cronista Oficial da cidade. Gañador en dúas ocasións do Premio de Investigación Ánxel Fole. Autor de libros como Viveiro, unha historia en fotografías, 1888-1930, (2004), O Naseiro, de onte a hoxe (2009) e a guía turística Viveiro (2018) . Escribiu en colaboración con E. Insua os volumes O primeiro Antón Vilar Ponte (2003) e Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal (2010). É autor con Miguel Mato Fondo do libro A Mariña luguesa (2008). Ademais ten colaborado en distintos libros colectivos como Os conquistadores modernos. Movemento obreiro na Galicia de anteguerra (1992), A represión franquista en Galicia (2003), Empresarios de Galicia. Coord. Xoán Carmona (2006); Os nomes do terror (A impunidade e a represión fascista nas terras da Mariña luguesa). Sermos (2017). No campo da pesca tén publicado A pesca no distrito marítimo de Viveiro 1883-1912 (1986) e o libro Conserveiras de Celeiro, Viveiro, Bares e O Barqueiro (2018), en colaboración con Vicente Míguez. No ano 2019, publicou o libro Cafetarías, tabernas, ultramarinos e bares de Viveiro.