Asociación Misela

My blogs

About me

Location NOIA, A CORUÑA, Spain
Introduction A Asociación MISELA é unha entidade sen ánimo de lucro, cos seguintes obxectivos: -Promover a autonomía e a integración das persoas con discapacidade no ámbito familiar, escolar, social e laboral. - Potenciar a utilización e a busca dos recursos necesarios para unha mellor atención da persoa con discapacidade ou neno con risco de padecela. -Prestar asesoramento e atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias ou titores. -Defender os dereitos do neno e da persoa con discapacidade en xeral. -Prevención de posibles discapacidades. -Fomentar a inclusión laboral das persoas con discapacidade. -Promover a actividade cultural, a práctica deportiva e física nas persoas con discapacidade. Os obxectivos da Asociación lévanse a cabo a través dos seguintes servizos de atención, desde a infancia ata a idade adulta: -EDIAT (Equipo de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá). -Centro de Día e Centro Ocupacional. -Servizo de Promoción e Autonomía Persoal. O ámbito de actuación da Asociación comprende Noia, Lousame, Outes, Porto do Son e Muros, aínda que en casos excepcionais aténdese doutros concellos cercanos.